Como somos moitos, convén que vos apuntedes con antelación ás actividades. Podedes facelo dende esta páxina web, na pestana de contacto. Enviádenos un correo e responderémosvos axiña. 

QUIDDITCH 

É o nome dun deporte ficticio practicado por personaxes do mundo máxico na serie de novelas de Harry Potter, escritas por J.K.Rowling. Practícano estudantes de colexios como o colexio de Hogwarts de Maxia e Feitizos e seleccións de todos os países. A característica principal é que se xoga voando sobre escobas máxicas.

En que consiste?

Tres aros-portería son situados a cada lado do campo. As porterías adoitan ser tubos circulares montados sobre canos de PVC. Todos os xogadores deben levar unha escoba entre as pernas en todo momento, non levala é considerado falta. Un balón de voleibol é utilizado como quaffle, mentres que pelotas de balón prisioneiro úsanse como bludgers. Mentres que a snitch é un obxecto máxico dentro das novelas de Harry Potter, no quidditch a snitch é unha simple bóla de tenis ou pelota saltarina dentro dun calcetín atado á parte posterior da cintura do corredor da snitch. O corredor da snitch é un xogador neutral .Unha vez liberado, o corredor da snitch (e, por tanto, a snitch en si) pode moverse por unha área máis aló do campo de xogo. Cando se xoga nun campus escolar ou universitario, a área adoita ser o campus enteiro. Os buscadores deben buscar ao corredor ao redor do campus; se non logran darlle caza, o corredor volve ao campo despois dun tempo predefinido.

O partido comeza coa quaffle e as bludgers aliñadas no centro do campo e os xogadores aliñados nas súas respectivas porterías. Despois de que a snitch desapareza do campo de visión, o árbitro grita Brooms Up! para empezar o partido. O partido continúa ata que a snitch é colleita. Cada gol vale 10 puntos e outórganse 30 puntos ao equipo que captura a snitch e o equipo con maior número de puntos gaña.

 

ESTA ACTIVIDADE TERÁ LUGAR O SÁBADO ÁS 16:00 HORAS NO PAVILLÓN DO COLEXIO DE REIBÓN

 

 

    Se queredes máis información sobre eles podedes pinchar no seguinte enlace:

                    https://www.facebook.com/QuidditchVigo/?ref=ts

 

 

OBRADOIRO DE HAMA BEADS

As Hama Beads son pequenas contas cilíndricas de plástico coas que podes crear figuras,  imaxes simples,  chaveiros,  colgantes,  aneis,  posavasos ou deseños realmente grandes e complexos.  Estas pequenas pezas colócanse sobre unha placa chamada"Pegboard" para realizar o deseño. As placas pódense unir entre si para crear deseños máis grandes  e teñen a peculiaridade de que, por exemplo, ao planchalas, fusiónanse entre elas,  quedando completamente fixas tras o arrefriamento. As contas Hama poden empregarse de tres maneiras para realizar o debuxo: pódense planchar (ata que se funden), someter a presión,  ou coser,  sendo o modo de planchado o máis popular (recorda que o planchado debe ser realizado por un adulto). Así, cando arrefría, retírase a creación e a placa pódese utilizar de novo.

 

OBRADOIRO DE DEBUXO MANGA

 Impartido por Iago Araújo e María Vilar, de Cómic Vigo, academia especializada en todos os estilos de de cómic e ilustración, a partir de calquera nivel. Terá lugar o sábado pola tarde.

 

 

 

María Vilar Costas:

É autora e debuxante de cómics desde o ano 2002. Parte da súa obra está dedicada á elaboración de cómics para un público infantil e xuvenil. É entintadora para o mercado americano e autora de series mensuais para adultos nunha revista de tirada nacional. Complementa este traballo co seu labor como profesora de clases de debuxo de cómic na Biblioteca Central de Vigo, actividade concertada pola Xunta desde o curso 2007-2008, divulgando as características positivas e integradoras que caracterizan ao cómic como así mesmo o desenvolvemento tan positivo da creatividade e o traballo en equipo dos alumnos.

 

 

Iago Araujo Molina:

Técnico superior en gráfica publicitaria (Aula D 2000-2003) é ilustrador e deseñador freelance desde o ano 2000, con gran parte da súa obra como debuxante dedicada á elaboración de proxectos divulgativos destinados ao público infantil e xuvenil. Complementa este traballo co seu labor como docente en varios colexios vigueses. É membro da AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración).

 

Se queredes saber máis desta academia podedes consultar no seu blogue: http://clasescomicvigo.blogspot.com.es/

 

https://www.facebook.com/clasescomicvigo 

 

 

CONCURSO DE COSPLAY

É un concurso no que os participantes se disfrazan dunha personaxe xa existente (normalmente de anime, manga, cómics, videoxogos...).

O cosplay (contracción de costume play, xogo de disfraces en galego) é unha moda nada en Xapón que consiste en disfrazarse como un personaxe de ficción e interpretar a ese personaxe nunha actuación ou concurso ou durante un evento. Existen diversas variantes do cosplay, como o crossplay, que consiste en disfrazarse dun personaxe do sexo oposto á persoa que se disfraza, ou o gender bender, que consiste, como o seu nome indica, en cambiar o xénero do personaxe do que se quere disfrazar.

 

Criterios de avaliación:

 

- O vestiario encaixa perfectamente coa personaxe.

- Complicación do cosplay (se é difícil ou doado).

- Calidade dos tecidos e a perruca. 

- Facer unha boa actuación.

- Interpretar ben a personaxe.

- Entusiasmo do público. 

 

Normas: 

 

- Non se poden empregar materiais que inclúan lume (pirotecnia).

- Non se poden usar props/armas reais. Todos os accesorios perigosos teñen que estar feitos con materiais alternativos.

- A actuación debe durar como mínimo un minuto e como máximo cinco.

- As cancións ou grabacións pódense levar nun pendrive ou pedir que se busquen alí, pero este segundo caso é mellor evitalo porque se perde moito tempo.

- Non se pode sacar xente do público ao escenario, pero si interactuar con eles ou elas.

- Se se vai empregar un líquido, hai que evitar manchar o escenario. 

- O máximo de persoas nun grupo é de cinco.

- Avaliarase a cada persoa de xeito individual, aínda que veñan en grupo.

- A actuación pode ser sobre calquera personaxe, pero baixará puntos que non teña que ver co tema do cosplay.

CONCURSO DE TALENTOS

Neste concurso terás que expoñer o teu talento. Pode ser calquera que posúas: tocar un instrumento, cantar, bailar, representar algo...

Podes apuntarte ti só ou nun equipo. Serás valorado por un xurado de tres membros. Valorase a creatividade da actividade realizada. O teu obxetivo será impresionar ao xurado. E ten en conta que o público pode cambiar a súa opinión cos seus vitoreos, etc...

O tempo de cada actuación será dun mínimo dun minuto e un máximo de tres.

 

COMBATES DE PISTOLAS NERF

Son batallas que se fan con pistolas de xoguete cargadas con mísiles de gomaespuma. Participan varias persoas e adóitanse facer en espacios abertos.

Para esta actividade podedes apuntarvos en grupos de catro, seis ou oito persoas.

JULIO LORENZO

Contaremos coa presencia de Julio Lorenzo, célebre dobrador de series como "Dragon ball",

"Inspector gadget" e moitos personaxes máis. Faremos un breve obradoiro de dobraxe en torno a algúns destes personaxes. Será toda unha experiencia!

 

O JUGGER

É un deporte de equipo no que se combinan deportes de pelota con deportes de loita. Participan dous equipos de cinco persoas cada un. A pelota chámase jugg e as armas usadas están recubertas de materiais brandos.

ORIGAMI

É un tipo de papiroflexia de orixe xaponés que contén certas restriccións, como a de partir de certas bases. É considerado unha arte que consiste no pregado de papel sen usar tesouras nin pegamento para obter figuras de formas variadas, moitas das cales poderían considerarse como esculturas de papel. Hai varios tipos: 
     - Origami modular (Kusudama): unión de moitas simples pezas para formar una estrutura complexa. 

     - Pregado en húmido: consiste en humedecer o papel para obter formas curvas finas no lugar de pregues xeométricos rectos e superficies planas. 

     - Teselados: patrón de figuras que cobre ou pavimenta completamente unha superficie plana sen deixar ocos nin superpoñer as figuras. 

 

 

No karaoke imos preparar un escenario para todo aquel que quera subir a cantar e pasar un bo rato. Teremos á vosa disposición letras de cancións por se non decidistes ningunha (openings de anime, k-pop, j-pop...). Tamén poderedes traer as cancións nun pen-drive ou mandar buscala en youtube. Se queredes, podedes pedir que se grabe a vosa actuación en vídeo e enviala por correo ou subila á páxina web. 

 

  Esperamos que vos apuntedes para pasármolo ben todos xuntos!!!

Versión para imprimir Versión para imprimir | Mapa del sitio
© IES PLURILINGÜE A PARALAIA