Begoña García-Alén nace en Pontevedra en 1989, onde posteriormente estuda Belas Artes. En 2012 decide continuar a súa formación en Londres, onde reside ata 2014. Na súa volta a España comeza a adicarse de manera íntegra ó debuxo, e publica os seus primeiros traballos: Perlas del Infierno (2014) e La Cueva (2015), ó mesmo tempo que traballa en proxectos autoeditados coma Lujo Infinito (2014), S/T (tres historias) (2015) ou proxectos máis extensos coma a serie para Tik Tok El Espectador (2015-actualidade)

En 2017 publica Nuevas Estructuras coa editorial Apa-Apa.

Na actualidade vive e traballa en Vigo, onde compaxina o seu traballo coma debuxante coa docencia.

 

 

TEMPUS LUDIT

ASOCIACIÓN DE XOGOS DE MESA DE CANGAS

 

Os amigos de Tempus Ludit xogarán connosco a xogos de mesa e rol. 

 

LUSCOFUSCO

 

Contamos con esta parella de cosplayers que se chaman Luscofusco e que nos van ensinar uns coplays incribles.

 

 

 

MAZINGER

 

Ademais de coordinar e ensinar a xogar a todos aqueles que o desexen a distintos xogos de mesa e ao Magic, a tenda Mazinger vai ter un stand de venta ao público.

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE QUINTELA: Como sempre, a biblioteca pública cederá parte do seu fondo para ter unha sala de lectura na nosa Comic-con.

 

 

 

ASOCIACIÓN  QUIDDITCH DE VIGO

 

A Asociación de Quidditch de Vigo virá o sábado pola mañá. Aprenderemos as normas e xogaremos un torneo.

ELIEZER RAJOY SANROMÁN: profesor de xaponés.

LIBRARÍA WELLS

A libraría Wells de Cangas montará un stand de venda ao público. 

LIBRERÍA ALBORADA

A libraría Alborada de Moaña terá un stand de venda  ao público.

 

WAIFU DREAMS

 

Os amigos de WAIFU DREAMS terán un espacio para a venda de merchandising.

ACADEMIA CÓMIC VIGO

 

      María Vilar Costas:

É autora e debuxante de cómics desde o ano 2002. Parte da súa obra está dedicada á elaboración de cómics para un público infantil-xuvenil. É entintadora para o mercado americano e autora de series mensuais para adultos nunha revista de tirada nacional. Complementa este traballo co seu labor como profesora de clases de debuxo de cómic na Biblioteca Central de Vigo, actividade concertada pola Xunta desde o curso 2007-2008, espallando as características positivas e integradoras que caracterizan ao cómic como así mesmo o desenvolvemento tan positivo da creatividade e o traballo en equipo do alumnado.

 

 

      Iago Araujo Molina:

Técnico superior en gráfica publicitaria (Aula D 2000-2003), é ilustrador e deseñador freelance desde o ano 2000, con gran parte da súa obra como debuxante dedicada á elaboración de proxectos divulgativos destinados ao público infantil e xuvenil. Complementa este traballo co seu labor como docente en varios colexios vigueses. É membro da AGPI (Asociación Galega de Profesionais dá Ilustración).

 

ASOCIACIÓN DE JUGGER E SOFTCOMBAT DE CANGAS

 

 Serán os encargados de organizar os combates do venres e o sábado pola tarde. 

 

SMASH BROS GALICIA

 

Virán os nosos amigos de SMASH BROS GALICIA para realizar un torneo e desfrutar xuntos.

TÉMPERA e unha tenda novedosa e actual, con todo tipo de material para Belas Artes, Manualidades, Papelería e Restauración. Para ampliar tamén ten obxetos de decoración e variedade de Antigüidades.

 

 

Temos o pracer de contar coa colaboración de CORVUS BELLI para organizar partidas e probar o seu novo xogo de mesa (de rol) ARISTEIA.

 

Máis información aquí:

http://www.corvusbelli.com/

 

 

 

MERU COSPLAY

 

Contaremos con MERU COSPLAY que nos vai facer unhas demostracións de cosplay que namoran!

OS GARDIÁNS

Estarán presentes os compañeiros dos Gardiáns!

Eles son unha asociación xuvenil e cultural á que lle gusta a ciencia ficción, a fantasía, o universo manga e os videoxogos. 

Organizarán algúns xogos para que o pasemos ben xuntos!

 

A súa páxina web está aínda en proceso de desenvolvemento, pero se queredes máis información consultade o seu mail: osgardians@gmail.com​

 

 

 

 

 

ARTESANÍA S.J.

Versión para imprimir Versión para imprimir | Mapa del sitio
© IES PLURILINGÜE A PARALAIA